Translate

xoves, 13 de xuño de 2013

O DÍA DE HOXE

Quizais as palabras non sexan suficientes para comprender a situación actual na que hoxe residimos.
Mais unha imaxe vale máis ca mil palabras:

España, é o segundo país da Unión Europea no cal se realiza emigración masiva na búsqueda de oportunidades:
Oportunidades moitas veces truncadas..
















venres, 31 de maio de 2013

NOVAS REFORMAS


EDUCATIVAS

1.Relixión contará para a media selectiva.

PENSIÓNS

2.Incrementar a idade de xubilación en función do aumento de esperanza de vida.

 AMBIENTALES

 3.Aumento de la línea de costas.

LABORAL E SAÚDE

4.Nos tres primeiros días de baixa laboral dun funcionario, será descontado o 50% do seu salario.

E mentres tanto..

1.O paro sobrepasa os 6.200.000 de persoas.

2.Os parados sen paro, pois moitos levan sen cobrar seis meses.

3.Aumenta o número de persoas que asisten a comedores sociais.

En conclusión, seguimos igual, os ricos facéndose de ouro sempre á conta dos mesmos.



xoves, 16 de maio de 2013

ACCIÓN, REACCIÓN

Unha vez máis a sociedade galega retorna das súas cinzas, pois nin tan sequera a maior das tempestades conseguiría facer naufragar a tal nazón.

Quizais os arduos tempos nos que hoxe residimos consigan arremeter de cando en cando contra as nosas esperanzas, mais o pobo galego permanece vital ante tales circunstancias. Pois de que serviría baixar a mirada ante a descomposición das máis altas institucións?Aquelas institucións causantes das nosas  máis insondables turbacións, sen ningún outro fin ca dourarse ante a nosa miseria. 

Sen afondar a visión ao máis alén, non é complexo observar que as estructuras dun putrefacto goberno son desmoronadas días tras día, e con elas as esperanzas e confianza dos máis desfavorecidos.

Mais non todo é así, baixo a espesa cobertura de néboa, agóchase un futuro, un futuro que tan só unha forte sociedade pode chegar a reconstruír.

Mais para chegar a tal fin, é preciso observar de frente aos verdadeiros culpables de tal mezquindade, diluíndo aquelas sarcásticas sorrisas que aínda salpican máis as súas enmugrecidas imaxes.
Non deixemos ser censurados nin por nada nin por ninguén, pois ante a acción:REACCIÓN.